PEFC GALICIA's Avatar

PEFC GALICIA

@pefcgalicia

Asociación Galega Promotora da Certificación Forestal. Traballamos ao longo da cadea de subministración forestal promovendo unha xestión sostible nos montes.

73
Followers
130
Following
29
Posts
20.11.2024
Joined
Posts Following

Latest posts by PEFC GALICIA @pefcgalicia

Acción Gratuíta, cofinanciada por XERA Axencia Galega da Industria Forestal
#industriaforestalmadeira #XERAsavia #ElasXeranSector #GaliciaÉMadeira #OFuturoÉdeMadeira

21.05.2025 10:12 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
SEMINARIO | Novo Sistema Español de Certificación Forestal PEFC | PEFC Galicia O Sistema Español de Certificación Forestal, foi recentemente revisado para adaptarse aos novos requisitos normativos establecidos por PEFC Internacional. Esta nova versión do Sistema introduce cambio...

NOVO Sistema Español PEFC
📅 3 de xuño | 🕙 09:00 – 14:00 | Santiago
Queres coñecer os cambios no Sistema Español de Certificación Forestal PEFC? En que te afectan? Como adaptarse?

🔗 Inscríbete 👉 forms.gle/jRYDRK1UcLoP...
Para máis info: pefcgalicia.org/2025/05/09/s...

21.05.2025 10:12 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0

Acción Gratuíta, cofinanciada por XERA Axencia Galega da Industria Forestal
#industriaforestalmadeira #XERAsavia #ElasXeranSector #GaliciaÉMadeira #OFuturoÉdeMadeira #PEFC #PEFCEspaña #PEFCGalicia
@pefct.bsky.social @pefcat.bsky.social

28.03.2025 10:40 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

📢 última chamada‼️ WEBINAR| A madeira como solución construtiva. A certificación PEFC de proxectos.

📅 1 de abril | 🕙 10:00 - 12:00
🎙️ Con expertos en arquitectura, madeira e certificación #PEFC.
🔗 Inscríbete agora 👉 forms.gle/2o36iG8SrwDC...

28.03.2025 10:40 👍 0 🔁 1 💬 1 📌 0

Grazas a todos os asistentes pola vosa implicación!
💚🌳 #PEFC #PEFCGalicia #EUDR #industriaforestalmadeira #XERAsavia #ElasXeranSector #GaliciaÉMadeira #OFuturoÉdeMadeira
@aranmontes.bsky.social

20.02.2025 10:49 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0

A alta participación confirma a relevancia do Sistema PEFC como ferramenta clave para facilitar o cumprimento do Regulamento e apoiar unha cadea de subministración libre de deforestación.

20.02.2025 10:49 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0
Post image

📢 Gran éxito do webinar sobre EUDR organizado por #pefcgalicia ! 🌍🌱

Máis de 250 profesionais do sector forestal participaron no webinar "PEFC, o teu aliado no cumprimento do EUDR", demostrando o enorme interese e a necesidade de información sobre esta nova normativa europea.

20.02.2025 10:49 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0
Post image

Webinar: #PEFC, o teu aliado no cumprimento do EUDR
📅 19 de febreiro | ⏰ 10:00-12:00
🎯 Para profesionais do sector forestal e da madeira.
💻 Inscríbete 👉 forms.gle/tEoES6aXfXSF...
Acción Gratuíta, cofinanciada por XERA, Axencia Galega da Industria Forestal
Organiza #PEFCgalicia

04.02.2025 12:53 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

Sabías que o logotipo #PEFC garante produtos de orixe sostible? Coida o planeta coas túas compras! #ElixePEFC

27.01.2025 13:53 👍 2 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

Mostrar o logotipo PEFC nos teus produtos e materiais transmite o teu compromiso coa sustentabilidade. Destaca con orgullo! #ElixePEFC

21.01.2025 13:40 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0

Ao optar por utilizar madeira certificada PEFC, estamos a contribuír á mitigación do cambio climático á vez que promovemos prácticas forestais responsables.

#PEFC #PEFCGalicia #PEFCEspaña

19.12.2024 09:11 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

A madeira certificada non só é unha opción sostible, senón que tamén desempeña un papel crucial na loita contra o cambio climático. A madeira é un material renovable que ten a capacidade excepcional de almacenar carbono, axudando a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro.

19.12.2024 09:11 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0
Post image Post image

Asistimos á presentación do informe anual da cadea monte industria en Galicia. Coñecemento para toma de decisións.
@jpicos13.bsky.social

17.12.2024 11:24 👍 2 🔁 1 💬 0 📌 0

Grazas aos avances en tecnoloxía e técnicas de construción, agora podemos crear estruturas robustas e fermosas nun tempo récord utilizando a madeira como o noso recurso principal. Isto non só acelera o proceso de construción,senón que tamén reduce os custos e o impacto ambiental.
Imx: Maderas Rubén

05.12.2024 07:31 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

A construción con madeira non só é amigable co medio ambiente, senón que tamén ofrece beneficios prácticos. Sabías que construír con madeira é máis rápido e eficiente que con outros materiais?

05.12.2024 07:31 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0

Isto lógrase mediante a conservación de hábitats naturais, a protección de especies en perigo e a promoción de prácticas forestais que respecten os ciclos naturais e os procesos ecolóxicos.
Imaxe cedida por: B.Feal

#PEFC #PEFCGalicia #PEFCEspaña

03.12.2024 10:47 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

A certificación PEFC non só se preocupa pola produtividade do monte, senón tamén pola súa biodiversidade. Os estándares e prácticas establecidos por PEFC inclúen medidas específicas para protexer e fomentar a diversidade de especies vexetais e animais que habitan no bosque.

03.12.2024 10:47 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0

A contemplación dunha paisaxe natural reduce o estrés, mellora o estado de ánimo e aumenta a nosa sensación de benestar. Non o penses máis, sae e goza dos agasallos que a natureza ten para ofrecer!
#PEFC asegura a sostibilidade dos nosos montes para que tod@s podamos gozalos agora e no futuro.

27.11.2024 12:36 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

Cada recuncho da natureza alberga un tesouro para a nosa saúde. Os espazos naturais non só bríndannos a oportunidade de realizar actividades físicas como sendeirismo, ciclismo ou simplemente pasear, senón que tamén nos proporcionan beneficios para a nosa saúde mental e emocional.

27.11.2024 12:36 👍 2 🔁 0 💬 1 📌 0
Post image Post image Post image

para atender, agora e no futuro, as funcións ecolóxicas, económicas e sociais relevantes no ámbito local, nacional e global, e sen producir danos a outros ecosistemas. (2/2).

26.11.2024 19:43 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0
Post image Post image Post image Post image

A xestión forestal sustentable #XFS é a organización, a administración e o uso dos montes de forma e coa intensidade que permitan manter a súa biodiversidade, produtividade, vitalidade, potencialidade e capacidade de rexeneración, (1/2)

26.11.2024 19:43 👍 1 🔁 1 💬 1 📌 0
Post image Post image Post image

Nos montes de xestión pública na Xunta de Galia empreganse sistemas de certificación forestal recoñecidos internacionalmente:
✔️ PEFC: 656 montes ➡️ 161.830,18 ha
✔️ FSC: 88 montes ➡️ 42.679,03 ha

indicadores-forestal.xunta.gal/portal-bi-in...

26.11.2024 19:45 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0
Post image

A certificación forestal é un procedemento voluntario polo cal un terceiro independente proporciona unha garantía escrita tanto de que a xestión forestal é conforme con criterios de sustentabilidade como de que se realiza un seguimento fiable desde a orixe dos produtos forestais.

26.11.2024 19:45 👍 1 🔁 1 💬 1 📌 0

Ao optar por produtos de madeira certificada, estamos a contribuír á conservación dos montes, e incentivamos a máis empresas a adoptar prácticas sostibles na súa cadea de subministración.
#PEFC #PEFCGalicia #PEFCEspaña

25.11.2024 09:09 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

A madeira certificada conleva un proceso rigoroso que avalía a xestión forestal, asegurando que se cumpran estándares ambientais,sociais e económicos.Isto significa que levan a cabo prácticas de corta e reforestación que garanten a renovación dos recursos forestais e a protección da biodiversidade.

25.11.2024 09:09 👍 1 🔁 0 💬 1 📌 0

A madeira é un material duradeiro, renovable e biodegradable, que ademais achega calidez e benestar a calquera ambiente. Con PEFC, tes a seguridade de que esta madeira foi obtida respectando o equilibrio entre as necesidades humanas e as da contorna natural.
Imaxe: ADERA
#PEFC #PEFCGalicia

21.11.2024 11:04 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

Ao incorporar madeira certificada PEFC nos teus proxectos arquitectónicos ou de renovación da túa casa, estás a traer natureza e vida aos teus espazos. Pero tamén apoias a protección dos bosques galegos, que son o fogar dunha rica biodiversidade.

21.11.2024 11:04 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0

En resumo, a certificación de cadea de custodia PEFC é unha ferramenta crucial para promover a sustentabilidade na industria forestal e para que os consumidores poidan tomar decisións informadas ao elixir produtos de madeira e papel.
#PEFC #PEFCGalicia #PEFCEspaña #GFS

20.11.2024 10:18 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0

Isto inclúe a verificación da rastrexabilidade da materia prima, a xestión responsable dos recursos forestais, e o cumprimento de estándares ambientais, sociais e económicos.

20.11.2024 10:18 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0
Post image

A certificación da cadea de custodia PEFC asegura que os produtos de madeira e papel proveñen de bosques xestionados de maneira sostible. A través dun proceso de seguimento, PEFC garante a súa orixe, desde o bosque ata o consumidor final.

20.11.2024 10:18 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0