O consumo intensivo ocasional de alcohol cae á metade nos últimos dous anos entre a mocidade galega de entre 14 e 18 anos. Tamén descende o uso doutras substancias.
O consumo intensivo ocasional de alcohol cae á metade nos últimos dous anos entre a mocidade galega de entre 14 e 18 anos. Tamén descende o uso doutras substancias.
Unha nova funcionalidade do visualizador de eclipses do Instituto Xeográfico Nacional amosa que zonas de Galicia quedarán en sombra polas montañas durante a eclipse total do 12 de agosto.
Un equipo do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) publica un estudo sobre a colchicina, un fármaco empregado para previr e tratar gromos agudos de gota. No artigo analizan o seu impacto en trastornos óseos como a osteoporose.
👉 shorturl.at/pHkCS
Un equipo da Uvigo analiza o potencial da IA para contrastar dato se combater desinformación. Pero o estudo tamén detecta desigualdades sutís mediante nesgos de xénero.
👉🏼 shorturl.at/6Q1Jk
Os grandes incendios do verán de 2025 arrasaron máis de 156.000 hectáreas en Galicia. Sete meses despois, as borrascas caeron sobre solos queimados e sen protección, facendo que a recuperación leve décadas ou mesmo séculos.
👉🏼 shorturl.at/XAyAG
Os estudos evidencian unha infrarrepresentación feminina na cobertura informativa, especialmente en ámbitos como tecnoloxía ou investigación, onde as voces autorizadas son maioritariamente masculinas.
Un estudo revela o mecanismo polo que a cocaína altera o funcionamento do hipocampo e provoca a compulsión continua por consumila. A investigación abre novas vías para buscar tratamentos farmacolóxicos contra a adicción.
Un proxecto europeo coordinado pola @usc.gal transforma 20 toneladas de residuos do viño en máis de 15.000 litros de extractos en diferentes formulacións para o tratamento de enfermidades infecciosas animais.
O @cimususc.bsky.social abre o proceso selectivo para o programa formativo de persoal investigador predoutoral. O prazo para a presentación de candidaturas remata o 19 de abril.
Do hórreo do cura de Ribela ao balneario de Frádegas. Este son dous dos 18 bens galegos que entraron na Lista Vermella do Patrimonio no último ano. Todos están nunha situación límite.
Ladiña, a cría de Ladeira, o arroz que percorre os portos das rías galegas, morre a causa dun accidente cunha hélice. Así o informan dende a @cemmacetaceos.bsky.social.
Estamos ante o inverno meteorolóxico máis húmido do último cuarto de século: a precipitación media acadou 800 litros por metro cadrado entre decembro e febreiro.
Galicia será un dos lugares onde mellor se verá a eclipse de sol do 12 de agosto. Nestes seis destinos Starlight poderá contemplarse en toda a súa totalidade.
A hortensia é unha planta ornamental moi común. Con todo, a inxestión de restos de poda dunha decena de cabras en Baiona provocou a súa morte.
Non viches o último episodio de Ciencia en feminino, o ciclo de GCiencia e da Deputación de Pontevedra polo #8M?
Agora tamén podes escoitalo en formato pódcast!
Entrevistamos a inmunóloga África González do @cinbio.bsky.social.
Volve coller o abrigo porque as temperaturas caen ata 10 graos en só 24 horas. A responsable é unha fronte fría que traerá de novo a chuvia a Galicia.
Aínda non viches o primeiro episodio de Ciencia en feminino, o ciclo de charlas de GCiencia e da Deputación de Pontevedra polo #8M?
A nosa primeira convidada foi a inmunóloga África González do @cinbio.bsky.social. Podes ler o resumo da entrevista nesta ligazón 👇
EN DIRECTO 🔴 | Comeza a primeira sesión de Ciencia en feminino, o ciclo de charlas de GCiencia e da Deputación de Pontevedra.
A nosa primeira convidada é a inmunóloga África González, do
@cinbio.bsky.social.
Podes seguir aquí a entrevista 👇
Ourense lidera o benestar en Galicia e Lugo síguea moi de preto. Pontevedra, pola contra, rexistra as puntuacións máis baixas. Descúbreo cos últimos datos do IGE.
#8M| A líder do grupo de Inmunoloxía do CINBIO, África González, participa esta tarde no ciclo de charlas 'Ciencia en feminino', promovido por @gciencia.bsky.social en colaboración coa Deputación de Pontevedra.
▶️ En directo a partir das 19h na canle de Youtube de GCiencia!
Máis ℹ️ en bit.ly/4smJlHx
O traballo do investigador do IDIS Alberto Ouro Villasante foi recoñecido co Premio á Mellor Publicación Científica do ano 2025 da revista 'Headache'.
Non perdas a primeira charla de Ciencia en feminino en colaboración coa Deputación de Pontevedra!
❗️A nosa primeira convidada é a inmunóloga África González.
🗓️ Agardámoste esta tarde ás 19 horas.
Podes seguir a entrevista nesta ligazón 👉 shorturl.at/qpWXD
A intrusión de po sahariano deixa ceos turbios en Galicia e pode elevar as concentracións de partículas en superficie, o que empeorará a calidade do aire ata o xoves.
Sabías que o 0,07% na porcentaxe de totalidade dunha eclipse total marca a diferenza? En Vigo haberá un 99,3% de cobertura fronte ao 100% na Coruña, o que permitirá ver (ou non) a coroa solar.
Arrinca unha nova edición de Ciencia en feminino, o ciclo de charlas de GCiencia e da Deputación de Pontevedra co gallo do 8M.
Esperámosvos os mércores de marzo ás 19 horas!
Descubre aquí o programa completo.
Máis de 50.000 persoas participaron no ensaio clínico Sincigal sobre a vacina contra o virus sincitial para avaliar a súa eficacia na prevención de hospitalizacións en adultos.
En bioloxía, úsanse mutantes para entender como funcionan as células e que pasa cando algo falla. E algúns dos nomes que reciben son, cando menos, curioso.
Anímate a ler a investigadora Mónica Folgueira da @udc.gal para @es.theconversation.com.
“Teño, teño”, “Ben me chega” e “Carallo!”. Así describían a dor moitos pacientes galegos nos hospitais dos anos 90. Dous documentos antigos recollen as expresións empregadas en consultas e urxencias.