Bastante de acordo con @maureviv.eurosky.social aínda que eu igual collía un X15, ou os thinkpad serie T cun Ryzen en troques dun Intel, por durabilidade as mellores opcións. Depende pra que se vaia usar tamén.
Bastante de acordo con @maureviv.eurosky.social aínda que eu igual collía un X15, ou os thinkpad serie T cun Ryzen en troques dun Intel, por durabilidade as mellores opcións. Depende pra que se vaia usar tamén.
Ostia, pois agora que o dis, cunha corbata bolo de cowboy destas xa tes disfraz pro entroido de Xinzo.
Ai, nin vira o citado. Si, moi oficialista non é a teoría, entra no saco de reinterpretar as cancións un mínimo ambiguas ou abstractas coma o Mary Jane de Tom Petty, pero é a referencia mais aprox que se ven a cabeza sempre na CCR.
Aquí poderías meter "Lookin' out My Back Door", que sempre existíu a teoría de que a culler voadora, as viaxes e a porta traseira aberta e a dianteira pechada eran alusións o crack, o ácido e os "dealer". Ten un carácter denostativo cara as drogas, pero cumpre o requisito de mentalas.
Eu engadiría que primeiro lle de un toque a algo de Jackie Wilson, por non ir a pao seco.
a guy wearing a “i ❤️ ny” cap reading the qur’an in one hand and the communist manifesto in the other
day one in mamdani’s new york
Eu coñezo un amigo que vendoa entendeu a subtrama da paradoxa física que plantexa, pero non entendeu nin papa da trama principal ata que a veu por segunda vez 😂. Tamén porque a historia vaina construíndo a inversa dende o desenlace no pasado en troques de no futuro.
Que ben condensada a trama da reversión da frecha do tempo pola inversión de entropía na segunda lei da termodinámica. "Raiada cara atrás" e ben mellor sinopse neste caso 😂.
É un 11? Ostia, despistaronme os faros, o de meu pai era o modelo bifaro, teño ese na cabeza. Moito mais chulo entón.
Ben bonito ese maquinote indie vintage de Renault 21, que recordos do Renault 11 que tiña meu pai cando cativo.
Cun par de explosións polo medio, e algunha bandeira yankee, firmacho Michael Bay.
A súa vida privada tampouco é mala película, entre a lenda urbá de que o seu irmán maior Jonathan escribiu só a maioría dos guións con coautoría, e que o maior estivese acusado por secuestro e asasinato por encargo en Costa Rica, usando de alias "Oppenheimer" e se fugase a posteriori.
Bueno, así polo menos se o administrador web da páxina ten BlueSky, xa sabe tamén en quen cagarse pola sacudida ao porcentaxe de uso de memoria do servidor co parseado sen limitar 😂.
Bastante mais útil este uso que o que lle daban aos analisis de datos contra Json os meus compañeiros no choio, a verdade. O códec xa é de ointe musical pro.
Que mellor maneira de controlarlle os ingresos que ser o seu pagador, pensarían na xunta directiva.
“Lo peor que he hecho en esta vida ha sido denunciar. Prefería llevarme las hostias de la persona con la que estaba a que me quitaran a mi hija y ahora a mi hijo. Al menos esos golpes los ves venir, los del Estado no”.
💔
elpais.com/sociedad/202...
Home si, pero non é indicativo de nada contextual, hai un agravio comparativo non reflexado cos outros dous items, non se ten en conta a diferenza en curva de aprendizaxe, nin inversión inicial en hardware, ademais de que ChatGPT non esixe un gasto per se pra o seu uso. É un dato en bruto ao final.
Non sei a partir de que datos fixeron a gráfica, pero hoxe en día colan algún motor de IA nalgunha funcionalidade de case todo. SkyScanner, por exemplo, usao en "Drops" pra monitorear as caídas de prezos. Terían que separar usuarios "forzosos" pra que fose algo mais honesta esa gráfica.
Padrastro segundo ou terceiro. Ou primeiro cabaleiro da madrastra consorte emérita que é mais longo, pero soa mais distinguido.
Esta é das opinións contidas no sometimes wrong.
Boff a mellor sensación do mundo cando os rapaces dun compañeiro aboado a Agosto e nadal sairon da idade que lles outorgaba preferencia, e puiden tirar da carta de antigüedade.
Parece un pouco unha mistura entre estar no parking da Tonos e no de Lavacolla.
Agora que o dis, tal cual 😂.
Pode ser que se ensine tamén nas facultades de medicina e farmacia?
As reunións de veciños todas por Teams. Desconectar a cámara e o micro, tirar o portatil no sofá e as dubidas polo chat, melloraría bastante a producción de cortisol media deses trances.
Mira que non me gusta a música electrónica, pero cando facía cardio tiña unha playlist de cabeceira de dubstep pros auriculares. Non me imaxino como debe ser unha clase dirixida co ritmo de Bunbury. "Ahora cuando no le dejen aire que respirar a Enrique damos pedalada fuerte y culo arriba".
Referíame eu a calquer varón da familia dos que pisaron Balmoral, porque as mulleres contemporáneas vestían algo mais pardo alá pola Alemania.
Ambas certas, a miña teno por dentro e por fora é verde varón Mountbatten de vacacións en Balmoral.
Vou facer un PVI coma nos correos do traballo con @zeltiamt.bsky.social, pra que vexa que non son o único que opina que ese tipo de chaqueta (que me regalou ela) cunha camisa estampada debaixo queda bordeando o cayetanismo. No meu caso vexome ata un toque de caza del zorro en Inglaterra victoriana.