ForoESGal's Avatar

ForoESGal

@foroesgal

Foro pola Economía Social Galega. Espazo de encontro entre entidades da Economía Social Galega. Integrado por Aeiga, Aesgal, Agaca, Cegasal e EspazoCoop. https://foroesgal.org/

30
Followers
15
Following
396
Posts
05.05.2025
Joined
Posts Following

Latest posts by ForoESGal @foroesgal

Post image

💜 #8M | Hoxe, e sempre, pola igualdade. Porque só así poderemos seguir avanzando nunha sociedade máis xusta, inclusiva, solidaria e equitativa, principios que guían a Economía Social e polos que seguiremos traballando desde o sector. 💜

08.03.2026 09:04 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0

#economíasocial #somoseconomíasocial #cooperativas #centrosespeciaisdeemprego #sociedadeslaborais #empresasdeinserciónlaboral #cooperativasagroalimentarias

06.03.2026 18:45 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Asamblea de personas socias en Vigo: más allá de una asamblea Asamblea de Fiare en Vigo: un fin de semana de comunidad, memoria y naturaleza, con actividades en el Pazo Baión, Cíes y Montes de Couso.

ℹ️ Compartimos ligazón con toda a información do programa 👇

06.03.2026 18:45 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0

✅ Será unha completa fin de semana de actividades cheas de interese vinculadas a un banco cuxo obxectivo pasa por ser unha ferramenta ao servizo da transformación social a través da financiación de proxectos do terceiro sectore da economía social e solidaria.

06.03.2026 18:45 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0
Post image

➡️ Cargado de cultura, de economía social, de conexión local e de celebración. Así será a asemblea de persoas socias que Fiare Banca Ética desenvolverá o vindeiro 16 de maio en Vigo.

06.03.2026 18:45 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0

#economíasocial #somoseconomíasocial #cooperativas #centrosespeciaisdeemprego #sociedadeslaborais #empresasdeinserciónlaboral #cooperativasagroalimentarias

04.03.2026 19:40 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0

✅ PROGRAMA II: Fomento do acceso:
• Á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo de cooperativas ou de sociedades laborais.
• De persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas.

04.03.2026 19:40 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0

✅ PROGRAMA I: Fomentar a incorporación de persoas socias traballadoras ou de traballo en cooperativas ou sociedades laborais, con carácter indefinido ou a proba.

04.03.2026 19:40 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0

➡️ A convocatoria ten por obxectivo fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras a cooperativas e sociedades laborais a través de dous programas de axudas:

04.03.2026 19:40 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0
Post image

📢 AXUDAS | Desde o pasado luns e ata o vindeiro 16 de setembro permanecerá aberto o prazo de solicitudes para optar ás subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa APROL-Economía Social) para este ano.

04.03.2026 19:40 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0
Preview
INEbase / Economía /Cuentas económicas /Cuenta Satélite de la Economía Social / Últimos datos INE. Instituto Nacional de Estadística. National Statistics Institute. Spanish Statistical Office. El INE elabora y distribuye estadísticas de España. Este servidor contiene: Censos de Poblacón y Viviendas 2001, Información general, Productos de difusión, España en cifras, Datos coyunturales, Datos municipales, etc.. Q2016.es

Podedes consultala na seguinte ligazón 👇

27.02.2026 17:55 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0

🔝 Con esta primeira Conta Satélite Oficial da Economía Social, España sitúase á vangarda europea, tal e como destacan desde CEPES.

27.02.2026 17:55 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0

📝 Nesta primeira edición, estimouse o período comprendido desde 2019 ata 2023, amosándose non só o impacto actual da ES na estructura económica de España, senón tamén para recoller o comportamento desta ante a situación provocada pola Covid-19 e amosar a súa posterior evolución.

27.02.2026 17:55 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0
Post image

📢 A Economía Social española vén de acadar un novo fito coa publicación, por primeira vez, da Conta Satélite da Economía Social parte do INE. O informe reflicte a actividade económica e laboral dos diferentes tipo de entidades que dan vida a este modelo empresarial.

27.02.2026 17:55 👍 1 🔁 0 💬 1 📌 0
Preview
Ao longo de 2024 xermolaron en Galicia un total de 192 cooperativas novas, o 12% das creadas no Estado | Universidade de Santiago de Compostela En 2024, creáronse en Galicia un total de 192 cooperativas novas. Este dato representa un incremento notable respecto ao ano 2023, no que se rexistraran 138 novas cooperativas. “Esta evolución contribúe a consolidar a percepción do cooperativismo como un modelo empresarial resiliente, especialmente eficaz en contextos marcados pola incerteza económica e social”. Así o subliña o ‘Informe da Economía Social en Galicia’, coordinado por Maite Cancelo e Manuel Botana, que se presentou este mércores 25 na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC. No acto presidido polo reitor Antonio López Díaz, tamén interviñeron o decano Xoán Doldán, o presidente do Foro pola Economía Social Galega, Mino Martínez; a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia, Marta Mariño; e a profesora da USC Maite Cancelo, en calidade de directora do Centro de Estudos Cooperativos de Galicia (CECOOP), entidade responsable do estudo. Esas 192 novas cooperativas, cantidade máis elevada da serie histórica, con 591 socios e socias promotores —o 45%, mulleres— representan o 12% das creadas no conxunto do Estado. O Informe tamén rexistra o nacemento en Galicia de 77 sociedades laborais —o 28% das constituídas en España, só por detrás da Comunidade de Madrid—, oito novos centros especiais de emprego e dúas empresas de inserción, que mostran unha tendencia crecente do peso da economía social en Galicia. Asinan o informe Dolores Álvarez, Manuel Botana, María Bastida, Maite Cancelo, Rosario Díaz, Pilar Expósito, José Antonio Montero, Ana Olveira, Alberto Vaquero, Emilia Vázquez Rozas, Miguel A. Vázquez Taín e Alicia Villalba. Emprego Como datos máis relevantes do estudo, cómpre destacar as 1.144 sociedades cooperativas e 344 sociedades laborais que hai activas en Galicia. Ademais, operan na comunidade galega 132 Centros Especiais de Emprego, 16 Empresas de Inserción Laboral, 4 mutuas e mutualidades, 63 confrarías de pescadores, 1.039 sociedades agrarias de transformación e 3.034 comunidades de montes veciñais en man común. Todas elas conforman a foto das entidades de mercado da Economía Social Galega que ascende a 5.776. Con relación ao emprego xerado, das entidades das que se ten información, de xeito directo ou indirecto, a cifra sitúase nas 22.401 persoas traballadoras neste ámbito: 10.595 en cooperativas, 6.279 en confrarías de pescadores, 2.316 en Centros Especiais de Emprego, 1.743 en Sociedades Laborais, 1.452 en Empresas de Inserción e 16 empregos directos nas mutualidades de previsión social. Os ingresos estimados son de máis de 3.666 millóns de euros, sendo as cooperativas con máis de 2.700 millóns as entidades que máis achegan a este sector. O 76% das novas cooperativas localízanse nas provincias atlánticas, o 84% fano baixo a figura de traballo asociado e aumentan en todos os sectores de actividade, sendo maioritarias no sector servizos. Nas sociedades laborais, a maioría (65) tamén operan no sector servizos, 7 na construción, 3 na industria e 2 en agricultura. Por provincias, é Pontevedra quen lidera a nova creación (54), seguida da Coruña (13). En Lugo e Ourense constituíronse 10 novas empresas. As cooperativas activas sitúanse maioritariamente nas provincias da Coruña e Pontevedra, sendo esta última a que conta con máis cooperativas por primeira vez en toda a serie histórica. As cooperativas, ademais, consolídanse como axente de desenvolvemento rural xa que a maioría está nestes territorios. Por comunidades, Galicia é a novena segundo ou seu peso nas Sociedades Laborais en España, representando o 5,5% do total, o que supón unha porcentaxe lixeiramente superior ao seu peso non PIB (5,2%). Analizando os datos dos Centros Especiais de Emprego (CEE), dos 128 galegos, 56 pertencen á Economía Social. A maioría operan no sector servizos (45,3%) e levan a cabo actividades administrativas e servizos auxiliares e máis concretamente nos de limpeza xeral de edificios e xardinería. Segundo os datos do Rexistro de CEE da Xunta de Galicia, en 2024, existían un total de 132, dos cales 59 teñen como obxectivo a obtención de impacto social. Retómase a traxectoria ascendente que estaba estancada por mor da crise da COVID-19, crecendo un 3,1% con relación ao ano anterior. Case a metade dos CEE centran as súas actividades no sector servizos (46,2%), levando a cabo na súa maioría actividades administrativas e servizos auxiliares e concretamente de limpeza xeral de edificios e de xardinería. Con relación ás Empresas de Inserción (EI), mantense o peso da provincia da Coruña, con oito e a importancia no sector servizos onde operan a gran maioría das EI galegas. As confrarías de pescadores, un total de 63 e que supoñen o 31,8% das españolas, mostran a importancia do sector pesqueiro en Galicia. No estudo móstrase a evolución das afiliacións a estas entidades: 3.912 empresas e 6.279 persoas traballadoras. Por sector de actividade, na Coruña as confrarías teñen maior presenza no marisqueo desde embarcación, en Lugo no sector de pesca de altura e en Pontevedra no de marisqueo a pé. Outras familias da Economía Social No ano 2024 había 1.039 sociedades agrarias de transformación (SAT) rexistradas en Galicia con 10.028 socios e un capital social de 54,5 millóns de euros. Isto sitúa Galicia como a sexta comunidade autónoma por número de entidades e a oitava por número de socios e capital social. Ao analizar as Comunidades e Mancomunidades de Montes Veciñais en man común, fórmula asociativa exclusiva de Galicia, e recoñecida como entidades da Economía Social pola Lei Galega, en 2024 existían 3.388 montes veciñais en man común, cunha superficie de preto de 661.000 hectáreas (cun tamaño medio de 195 ha.) e 115.811 comuneiros que se concentran nas provincias de Ourense (38,7%) e Lugo (27,2%). Estas comunidades, á súa vez, agrúpanse nas 37 mancomunidades de montes veciñais en man común. Semana Economía Social Más de 140 actividades en 40 universidades españolas e de Iberoamérica compoñen a VII Semana Universitaria da Economía Social ata o 4 de marzo. A Universidade de Santiago de Compostela participa, a través do CECOOP, cun conxunto de iniciativas destinadas a dar visibilidade a estas entidades da economía galega e os resultados da investigación neste ámbito entre os estudantes de distintos graos. En Santiago están programadas máis de 30 actividades nas que participarán uns 30 relatores, entre profesorado, axentes do sector e autoridades, cunha cuantificación dunhas 75 horas de formación que chegará a uns 700 estudantes. Así, na actividade ‘A Economía Social na Aula’, profesores de varias materias dos graos de Economía, Administración e Dirección de Empresas e dobre grao de Dereito e Relacións Laborais abordarán o concepto e cuantificación da Economía Social galega desde o punto de vista da política económica, o dereito do traballo, o desenvolvemento económico, a economía financeira, organización de empresas e a sustentabilidade ou a econometría, incorporando de forma transversal estas empresas nas clases interactivas das respectivas materias. Por outra banda, Manuel Veiga, socio de Larega Soc. Coop. Galega imparte charlas na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais para estudantes do grao e do Mestrado universitario en Goberno Local e Políticas públicas Innovadoras ou do Mestrado Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Outras novidades deste ano son o torneo de debate sobre Economía Social que organiza o profesor Guillermo Meijón con estudantes do grao en Economía da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC e con estudantes do grao en Relacións Internacionais da Facultade de Dereito da Universidade de Vigo (Campus de Ourense). O Centro de Estudos Cooperativos da Universidade de Santiago de Compostela é un centro mixto de investigación, formación e estudo do cooperativismo e outras fórmulas da Economía Social creado por convenio entre a Xunta de Galicia e a USC en maio do ano 2002. Pertence á rede ENUIES de Centros e Institutos de investigación, forma parte dos órganos de dirección de CIRIEC-España, do Observatorio Iberoamericano do Emprego e a Economía Social e Cooperativa (OIBESCOOP) e dos consellos científicos do portal estatístico da Economía Social en España (CIRIECSTAT) e das revistas económica e xurídica de CIRIEC-España.

ℹ️ Compartimos nesta ligazón a nova da xornada publicada pola USC 👇

25.02.2026 17:20 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0

O acto, presidido polo reitor Antonio López, contou coas intervencións do decano Xoán Doldán; a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño: e a profesora da USC Maite Cancelo, (CECOOP). Manuel Veiga, de Larega Soc. Coop. Galega, falou sobre emprendemento.

25.02.2026 17:20 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0

👥 Esta mensaxe viuse reforzada coas intervencións dos representantes de varias entidades da economía social galega, como Tako Soc. Coop. Galega; Dehistoria SLL; Coregal; e Arroupa.

25.02.2026 17:20 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0

🗣️O ForoESGal estivo presente na cita a través do noso presidente, Mino Martínez, que tivo a oportunidade de falar do noso sector ante o alumnado universitario e achegarlles así algunhas das claves dunha fórmula que pode ofrecerlles moitas oportunidades reais de inserción laboral.

25.02.2026 17:20 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0

📝 Así se recolle no “Informe da Economía Social en Galicia 2024”, estudo coordinado por Maite Cancelo e Manuel Botana que esta mañá foi presentado na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC no decurso do acto central da Semana Universitaria da Economía Social.

25.02.2026 17:20 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0
Post image Post image

👉 A economía social galega segue medrando. Ao longo de 2024, naceron en Galicia un total de 192 cooperativas novas, o 12% das creadas no Estado. O dato supón un incremento respecto ao ano 2023, no que se rexistraran 138 novas cooperativas.

📷 Consellería de Emprego

25.02.2026 17:20 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0
Preview
Aprende y crece con FOROESGAL Como trabajador/a de Foro pola Economía Social Galega (FOROESGAL) o de sus entidades

💻 Hai moitas opcións. Podes consultar a oferta formativa na seguite ligazón 👇

24.02.2026 18:55 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0

✅ Son cursos totalmente gratuítos que permiten a actualización de coñecementos en temas moi variados, polo que podes elixir o curso que mellor se adapte a ti.

24.02.2026 18:55 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0
Post image

📅 O mes de marzo chegará con novas edicións dos cursos ofertados por Ilunion, en colaboración co ForoESGal, dirixidos ás persoas traballadoras e entidades socias do Foro.

24.02.2026 18:55 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0

🌟 A cita brindará así a posibilidade de reflexionar, desde diferentes perspectivas e experiencias, sobre o presente e os desafíos futuros do noso sector.

20.02.2026 16:15 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0

📝 A continuación, a directora do Cecoop, Maite Cancelo, presentará o Informe da Economía Social en Galicia 2024 e acto seguido, Manuel Veiga, de Larega Soc. Coop. Galega, falará sobre emprendemento desde a Economía Social. 👌

20.02.2026 16:15 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0

👉 Antes disto, terá lugar a apertura do acto, que contará coa presenza do Reitor da USC, Antonio López; o decano da facultade, Xoán Doldán; e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño.

20.02.2026 16:15 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0

👥 O programa incluirá a intervención do presidente do ForoESGal, Mino Martínez, que falará da nosa fórmula empresarial xunto a catro entidades representantivas do sector 👇

➡️ Tako Soc. Coop Galeg
➡️ Dehistoria SLL.
➡️ Coregal. Centro Especial de Emprego.
➡️ Arroupa.

20.02.2026 16:15 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0
Post image

📢 A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC acollerá o vindeiro mércores, entre as 12.30 e 13.30 horas, o acto central da VII Semana Universitaria da Economía Social.

20.02.2026 16:15 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0

Non volo perdades! 😉

18.02.2026 11:02 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Estudo sobre tecnoloxía para o ben común na Economía Social e no eido profesional da enxeñería en Galicia - ESF Galicia Ao longo dos últimos meses, estivemos analizando, man a man coas compas de AoPaso, a presenza da tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos nos ámbitos profesionais da enxeñería e a economía social de Galicia, como parte do Programa ESFPro. Velaquí algunhas das conclusións do estudo: 1️⃣ Existe moito interese pola tecnoloxía para […]

👥 Que as persoas vinculadas coa economía social amosan unha maior conexión entre valores persoais e organizacionais é unha das conclusións do traballo 👇

18.02.2026 11:02 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0