hoxe chegounos a todos
hoxe chegounos a todos
emíteno aos que están conectados a antenas nos lugares afectados... imaxina: alertemos de risco de tsunami a todos menos aos visitantes/turistas :S
estou durmindo estes días e á tarde soaron todos menos os vodadone 🤷
son un deses de vodafone que non recibiu a mensaxe de es-alert de #ProteccióCivil
que de súpeto caian catro pingas e comece a cheirar a terra mollada, a petricor, a verán, foi un pouco de risa pero isto pasou esta tarde en Mataró, a oito de febreiro e non en Fornelos
unha moza ergueuse a pagar, continuamos; o mellor de vir esta semana para acó é ver o sol, cousa bonita a luz
parado nun bus na Plaça de Tetuán, Barcelona; di o chofer que faltan dúas persoas por pagar e que ata que paguen non arranca ... é certo o dos cataláns e mais os cartos 😁
que a PO-11 en Marín-Pontevedra permaneza cortada catro horas despois da preamar non me parece moi normal
illa de Santa Catarina desde Abelleira
nestes últimos sete días debo levar máis de 1600km en carro e non lembro tanto tempo con estas condicións tan malas para andar por estas estradas; andai amodo
isto era a Gudiña
moita máis neve da que contabamos pola a52 desde Benavente ata Verín pero non fixeron falta as cadeas
nunca comprara antes calcetíns de inverno, sempre roda de inverno... hoxe toca a6 e a52 desde a meseta
frikadas miñas, un e90 de Albania (128)
por cousas, hoxe Oliver Laxe contounos que viviu na praza da verdura, en pontevedra 😍
moi chulo o que lle fixeron a Mabel os seus compañeiros do Tempo da tvg 🥹
pois deches cun sitio moi bonito para as ver :)
escanear estas fotos está a custar moitas bágoas
tirando dos datos da DGT, mapa das balizas v16 activadas en tempo real mapabalizasv16.es#mapa
as mesmas illas sempre diferentes... non quedo cheo nin das vistas nin das lembranzas... feliz ano novo
só no inverno o solpor por Silleiro desde a Madorra
cambiando de RHD por Hampshire e Dorset a LHD por Maside, Allariz, Ourense, a Peroxa e mais Maceda A52 mediante
a semana pasada na catedral de Winchester, durante os dous minutos que parei onde a súa tumba, fun o único home de entre unha chea de mulleres que lle amosaban os seus respectos
st James Way marker at Southampton
ver un marco de pedra a carón da áncora do queen Elizabeth ii e pensar que eramos nós os representados foi todo un... disque a xunta pagou outra pedra destas na catedral de Winchester, 647 millas de St James Way 🤷
polo south west cun Kuga
disque 80 anos, a cona... preguntándome que lles porá aos escoitan música clásica... 200 anos?
acó, en Luxemburgo, zafas mellor co galego/portugués que co inglés se é que non falas alemán ou francés... auf Spanisch, nichts
onte xa paramos no primeiro Chrëschtmaart do ano, que é como lle chaman acó e, o de sempre, voando desde OPO porque os aeroportos galegos teñen os servizos que teñen
en Gibraltar tampouco se atreveron
de cando en vez sigo a parar en Guitiriz a tomar un café
do pouco que sei de Moravia é que vai máis calor que en Bohemia, son máis relixiosos e teñen viñas; na miña cabeciña eran ourensáns 🤷