Ruta en bici eléctrica desde Compostela aos montes Estrapuzas, Pico Sacro e O Viso (41km, 1.204m desnivel e 62% da batería consumida). Nas fotos apréciase ben a calima de hoxe.
Ruta en bici eléctrica desde Compostela aos montes Estrapuzas, Pico Sacro e O Viso (41km, 1.204m desnivel e 62% da batería consumida). Nas fotos apréciase ben a calima de hoxe.
Curioso símbolo nos montes de Adai (Lugo). Xa mostrei por aquí noutras ocasións varios lugares de interese nestes montes, e agora atopei este símbolo(seica hai máis),dos que descoñezo a súa orixe, aínda que probablemente sexan para delimitación ou orientación nestes montes xa despois da idade media.
Castelo da Mota (Medina del Campo, Castela). Castelo de ladrillo onde se xuntan os vellos sistemas defensivos medievais coas novas armas de pólvora do século XV. Aínda se ven pegadas de batallas na súa torre de homenaxe.
Ávila.
Muíños de Consuegra (Castela a Mancha).
Úbeda (Andalucía). Xunto con Baeza, unha xoia do renacemento andaluz.
Os efectos dos temporais deste inverno déixanse notar neste parque natural: ríos desbordados, árbores caídas e rutas cortadas.
Parque Natural das Serras de Cazorla, Segura e las Viñas (Andalucía).
E que a situación de Cazorla aos pés da serra fixo que estivese moi exposta ás inundacións e desprendementos, como se lembra en varios puntos da localidade.
Ruínas da Igrexa de Santa María de Gracia (Cazorla). Igrexa que leva medio destruída desde 1694, despois de colapsar o río que pasa debaixo dela por un túnel.
Cazorla (Andalucía).
A esta virxe débenlle vir pedir moita xente sorte no exame de conducir...
Cueva del Agua (Tíscar, Andalucía). Impresionante canón do Río Tíscar no Parque Natural das Serras de Cazorla, Segura e las Villas. Ten unha gruta natural coa imaxe da virxe de Tíscar.
Si, botábase en falta
Baeza (Andalucía).
As "cheias" de Amarante (Portugal). Nesta fin de semana, o Río Támega aínda estaba lonxe da última cheia do 2001. Aínda así, levaba auga dabondo.
Amarante (Portugal).
Adai (Lugo). Ademais do altar, o castrillón, os petróglifos e a anta, tamén hai boas rutas de bici.
Así de complicado foi manter o equilibrio durante 14 km sobre a neve.
A ruta de hoxe polos montes de Castroverde.
Praia de Tocha (Figueira da Foz, Portugal).
Imaxes do entorno do Cabo de Gata (Almería).
Imaxes das rutas en bici polos arredores do Cabo de Gata (Almería).
En Rodalquilar (Almería) podemos ver ademais as ruinas da mina de ouro que houbo neste lugar, da que se extraíron apenas unhas 7 toneladas.
A costa de Almería, coma este tramo entre Isleta del Moro e Rodalquilar, ten fermosos paisaxes áridos e non foi excesivamente urbanizada.
Na fermosa praia do Algarrobico (Almería), aínda están as ruínas do famoso hotel do Algarrobico. Construído ilegalmente hai uns 20 anos,aínda que sen rematar completamente, é todo un símbolo da loita contra o urbanismo salvaxe e a especulación. Parece ser que, por fin, vai ser demolido proximamente.
Carboneras (Almería).
O ferrocarril das minas de ferro de Lucainena de las Torres tiña saída ao mar en Agua Amarga, fermosa localidade tamén na provincia de Almería. Neste lugar, ao carón da praia, hai unhas covas que probablemente foron vivendas de pescadores.
Ruínas das minas de ferro de Lucainena de las Torres (Almería).
A vista desde o castelo de Tabernas.