No pecado de escribir vai a penitencia de ser lido. E, de todas as opinións, as das boas xentes do mar son as que máis me quentan.
No pecado de escribir vai a penitencia de ser lido. E, de todas as opinións, as das boas xentes do mar son as que máis me quentan.
Moitas grazas, Alejandro! 🙌🩵🌊
“soñando (…) os nosos propios soños, atrapados nese labirinto de espellos que se ergue no corazón de cada fillo do mar.”
A LEI DO MAR
Manuel Estéban
Boas noites…
Imos aló…
Fe no buxo! 🫂
Pero esa media ten unha desviación estándar moi grande!
Por buxo ou por Arce, hai malvada profe para moito tempo!
Cartel anunciando a charla do escritor Manuel Esteban (eu) no Espazo O Zoco do Carballiño sobre o seu libro "Trickstar postais desde as estrelas". No cartel vense dúas naves espaciais á dereita e unha foto de fronte do autor coa capa do libro sobreimpresa no peito.
Ei, con tanta novidade pensabades que Julie Alban estaba morta, non si?
Pois non, que andaba comendo polbo, leré!
Vémonos o 28 no Carballiño, no Espazo O Zoco!
Lembrade que hoxe 9 de marzo Carlos López Bernárdez presenta o seu libro INTELIXENCIA E CREACIÓN. A OBRA PLÁSTICA DE FRANCISCO MIGUEL, publicado por #Laiovento, no marco da Fundación Euseino? de Vigo, ás 20:00h. O autor estará acompañado por Pepe Carreiro
O piso da miña amiga segue á venda, se coñecedes a alguén que busque piso entre Noia e Santiago.
🏡🏠🏘️🏢
Esquecera mencionar o agasallo que me fixeron: un cadro de Irene Silva, pintora de Baiona, que agora loce así de ben acompañado.
O pasado ano falouse moito de Francisco Miguel co gallo da reedición dos diarios de Syra Alonso, a súa muller.
Se vos interesa obra deste pintor, nome sobranceiro da Galiza mártir, non perdades este libro que presenta mañá Carlos L. Bernárdez no local de Euseino, na rúa México.
Fío de colección de citas de A ira dos mansos 👇
"Os rapaces con síndrome de Down dan ben nos almanaques, sorrindo ao fotógrafo, pero perden feitizo coa boca partida e os miolos espallados polo chan".
(Pax 13)
Ouf 🥹
No meu choio xa me chaman o Juan del Val do Manuel Antonio.
A ver se é verdá
Einstein: «Pola mañá desembarquei na Coruña e pola tarde en Vigo, baía rodeada de illas montañosas cunha fascinante viliña con forma de pintoresca azotea. (Á tarde conversas sobre lóxica). Riqueza de cores e posta de sol en Vigo, incomparable. O sol do Sur embriaga»
😍
Nunha sala da biblioteca do instituto San Paio de Tui un grupo de mulleres sentadas arredor dunha mesa xunto ao escritor Manuel Esteban. Na mesa hai auga, libros, sidra e unha rosca.
Unha mesa branca. Sobre ela unha pucha, unha rosca caseira (mágoa que non poidades ulir o seu arrecendo) e varios libros do escritor Manuel Esteban (eu): A vinganza dos homes bos, O meu nome é Ninguén, A ira dos mansos e A leí do mar.
Onte no club de lectura do IES San Paio tomamos rosca, rimos e falamos de libros e do mar.
Sempre as mulleres termando do mundo!
Einstein en Vigo, por @bretemas.bsky.social
bretemas.gal/einstein-en-...
Aula dun centro público de formación profesional na que se poden ver restos do teito a caer por todas partes.
A educación pública a ser esborrallada. E non é unha metáfora.
Edición xénica en vivo. Xa está aquí. Xa é real. No sistema público de saúde. Cos nosos impostos.
Como mola cando a ciencia ficción pasa a ser só ciencia.
A estación, ho! Por iso o digo! 😅
Boca de metro de Madrid na estación de Antón Martín
Eu xuro que non lle dediquei dous fillos a unha estación de metro. Foi casualidá
O outro día xa me deixaras coa gana, pero agora acabas de meterme o veleno de vez
TAPA DURA CON SOBRECUBIERTA 🫠
Se pasades polo restaurante Milongas de Vigo ides atopar xente moi guai 😊🫠
Aínda o fixen hoxe. Penso que ningunha. Mantéñense os seguidores e os seguidos e non notei ningunha diferenza.
Acabo de migrar a conta ao dominio eurosky e non foi tan complicado. Menos USA sempre é ben.
(*Este bluit é o meu antipasaporte para non ter que pisar nunca a terradasoportunidades®)
Ficha técnica Libro "La ira de los mansos" Publicación 13 mayo 2026 Presentación Tapa dura con sobrecubierta Formato 15 x23 cm Editorial NdeNovela
Tapa dura con sobrecuberta. BUAH! Estou como un neno na mañá de reis!
Feliz sábado!
Tapa DURA con sobrecubierta, colega. Como din en Asturias, será por perres!
www.planetadelibros.com/libro-la-ira...
Se non me avisas, nin me decato. TAPA DURA! BUAH!😍