Xestionar colonias felinas e esterilizar é reducir o sufrimento, evitar máis nacimentos na rúa e mellorar a vida dos gatos que xa están nela.
🐾 Porque protexer tamén é responsabilizarse.
Xestionar colonias felinas e esterilizar é reducir o sufrimento, evitar máis nacimentos na rúa e mellorar a vida dos gatos que xa están nela.
🐾 Porque protexer tamén é responsabilizarse.
A maioría dos gatiños que nacen na rúa non chega ao primeiro ano de vida. E moitos morren moi novos por enfermidades, accidentes ou falta de atención veterinaria.
Esterilizar non é crueldade.
Crueldade é permitir que sigan nacendo máis camadas destinadas á mesma vida de sufrimento.
A rúa non é liberdade. É supervivencia.
Hai quen pensa que os gatos da rúa viven libres.
Que están mellor así.
Que esterilizalos é cruel.
Pero a realidade da rúa é moi diferente.
Moitos gatos viven enfermos, con infeccións ou feridas que nunca chegan a curar.
Non viven: sobreviven.
Adoptar dous gatos ten moitas vantaxes:
🐱 Non están sós cando a familia non está.
🐱 Fan compañía e séntense máis seguros.
🐱 Adáptanse mellor ao novo fogar.
🐱 Redúcese o estrés e o aburrimento.
Seu comezo foi duro… pero o seu final pode ser feliz. Axudas a difundir?
🐾 Alguén os tirou ao lixo cando eran bebés.
Javi e Redondel teñen arredor dun ano. A pesar dun comezo tan duro, creceron converténdose en dous gatos moi cariñosos, tranquilos e preciosos.
Agora buscamos adopción conxunta, porque creceron lado a lado e teñen un vínculo moi especial.
Bo día 💕
E Benji atopou fogar! A fermosa panteriña, que sufriu dous abandonos atopou seu lugat no mundo. Adoptar salva vidas coma a súa ❤️🐈⬛
Temos nova gatiña en adopción, Ivory, duns seis meses, preciosa e moi cariñosa e boa. Buscamos fogar permanentemente para ela.
8 de marzo. We cat do
It! 🐈⬛ 💜
Bo día 💕
Sweety é tan bonita como simpática; outra pequena esterilizada grazas ao apoio do Concello de Teo.
Xa se atopa de novo na colonia, e alí vivirá, coidada e atendida todo o mellor que poidamos.
O CER salva moitas vidas 💕
Éun dos gatos máis riquiños que poidas coñecer.
Por iso buscamos para el un fogar á súa altura, onde poida vivir tranquilo e recibir todo o cariño que dá.
Se cres que podes ser esa oportunidade para Xinzo, escríbenos.
E se non podes adoptar, axúdanos compartindo para que a súa familia apareza. 🐾
Teñen que vivir separados, algo que non é sostíbel a longo prazo onde está.
Sufriu moito, escapou e estovo desaparecido durante meses; non sabemos que lle puido acontecer nese tempo. Por sorte apareceu de novo, e iso fíxonos ver aínda máis que merece un fogar estábel
Xinzo é un gato moi especial.
Sacámolo da rúa pensando que por fin tería un fogar… pero, por desgraza, o outro gato da casa non o acepta e a convivencia está sendo moi complicada. Por recomendación dunha etóloga, o mellor para o seu benestar é que poida vivir nun fogar onde non teña este estrés.
Bo día 💕
Mañá volvemos ao kiwoko das Cancelas! 🐾
Estaremos todo o día, de 10:00 a 22:00, para seguir recollendo apoio para os gatos que máis o precisan.
Se queres colaborar podes achegarte, coñecer o noso traballo e axudarnos con doazóns ou difundindo a nosa labor. Cada pequeno xesto conta.
Agardámoste! 💛🐱
Lebron está perdido perto do Monte Pedroso en Santiago de Compostela. Castrado e con chip. Axudas a difundilo?
Homer perdido onte á noite. Axudas a difundir?
Caramelo, a gata da sorte 🍀🐾
Tricolor, preciosa, doce e tremendamente cariñosa.
Lévase moi ben con outros gatos, é equilibrada, sociábel e perfecta para calquera tipo de familia. Unha compañeira ideal que busca fogar permanente.
✨ Axúdasnos a difundila?
Xa na casa
Perdidos Wasabi e Rovinj, zona Aríns ( Santiago de Compostela). Se tes información contacta con nós ou aos telfs da publicación.
Bo día 💕
Despois de varias semanas sen aparecer, Roxiño voltou!
Está delgadiño, o que indica que seguramente non o tivo fácil, pero parece estar ben.
Chegou moi “falador”, coma se tivese moitas aventuras que contar despois de tanto tempo…
💚 Grazas a todas as persoas que están pendentes deles día a día.
Canela, unha das fillas do Sol abeirense, atopou fogar recentemente, recentemente.
Aínda temos preciosas gatiñas carei coma ela buscando unha oportunidade.
Se estás pensando en adoptar, escríbenos hoxe e cambia o destino dunha gatiña coma ela… e tamén o teu. 🐾✨
Leva xa máis de tres anos esperando, sempre pegadiña á súa irmá, Flora. Xogan xuntas, dormen xuntas... Por iso, se estás pensando en adoptar, sería marabilloso que coñeceras ás dúas. Darlles un fogar xuntas sería o mellor final posible para esta historia de espera.
💛 Axúdasnos a difundila?
Tiza segue esperando o seu fogar…
Preguntan por ela,
,pero nunca acaba de chegar esa oportunidade.
É unha gatiña moi riquiña, e tranquila, que leva desde pequeniña baixo o noso coidado. Medrou aquí, viu marchar a moitos compañeiros adoptados… pero ela aínda non tivo esa sorte.
Bo día 💕
Boa noite 💤
Bika, Mika e Nika son tres gatiñas dunha colonia do Concello de Brión que veñen de ser recentemente esterilizadas.
Seguimos traballando para evitar nacementos non desexados e mellorar a calidade de vida dos gatos que viven na colonia, favorecendo tamén unha convivencia máis equilibrada co entorno
Millán é un dos últimos rescates, un fermoso atigrado, cunha ollada verde intensa
É bo, cariñoso e agradecido.
Agora só lle falta o máis importante: un fogar onde o queiran para sempre.
Se queres coñecelo e darlle a oportunidade que merece, contacta con nós.